Monday 13 de May de 2024

Corte de tráfico na rúa dos Xasmíns


O vindeiro sábado 10 de xaneiro pecharse ao tráfico a rúa dos Xasmíns por mor da colocación dun grindastre autopropulsado no convento do Carme.

Os vehículos de residentes da rúa Costa Nova de Arriba e Xasmíns accederán aos garaxes pola Costa Nova, na que se invertirá o sentido de circulación, é dicir, o tráfico quedaría de subida e sairán cara á rúa Loureiros e rúa Hospitaliño. Os vehículos que se atopen aparcados na rúa Xasmíns sairán cara á rúa de Coimbra.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.